Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Axencia de Desenvolvemento Local

Funcións da Axencia de desenvolvemento Local


Naceu cun obxectivo principal: a dinamización do territorio municipal e dos seus diferentes sectores de actividade. Persegue, pois, converterse nun referente para a actividade empresarial, tanto no apoio á consolidación das empresas asentadas no noso municipio, como no fomento da actividade económica.

Ao tempo leva a xestión das axudas e subvencións que poidan ser de interese para o concello e na xestión e asesoramento nos proxectos en marcha.

Finalmente desde a Axencia lévase a colaboración e cordinación doutros temas coas diversas áreas municipais.

 

Apoio os desempregados

  • Bolsa de emprego
  • Cumprimentación e presentación ofertas de emprego no INEM
  • Organización de xornadas, charlas, coloquios, cursos, etc.
  • Punto de información do INEM. O Concello pon a disposición dos veciños a posibilidade de consultar calquera dato do INEM, pudendo pasar revista do paro dende aquí.
  • Solicitudes de prestacións, axudas ó INEM. Consulta e solución de dúbidas.

Apoio aos emprendedores

  • Acompañamento de proxectos empresariais. Posta en marcha, solicitude de axudas, e trámites legales.
  • Solicitude de axudas de promoción do emprego autónomo e axudas para promover a afiliación a seguridade social de persoas cotitulares ou tilares de explotación agrarias.
  • Colaboración co GDR15 AVINZA, derivación na tramitación das axudas do LEADER

Apoio aos empresarios

  • Solicitude de axudas ao comercio, talleres artesanais, hosteleria, etc.
  • Colaboración coa Asociación de empresarios do Concello.
  •  Asesoramento a empresarios e autónomos.
(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting