Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com
Servizos Sociales y Bienestar » La Escuela Infantil

A Escola Infantil de Vilar de Santos


Ampliar Foto...

Escola Infantil de Vilar de Santos
Rúa de Celanova, 13
32650 Vilar de Santos
TELÉFONO: 988 447 109
Correo: escolainfantil@vilardesantos.com

 

Ampliar Foto...
  • TITULARIDADE: Municipal
  • NIVEIS EDUCATIVOS: Educación Infantil (ciclo 0-3)
  • NÚMERO DE UNIDADES: Consta dunha unidade (3 meses a 3 anos).
  • NÚMERO DE PRAZAS: 20 prazas,
  • PROFESORADO: Consta dunha Coordinadora (Educadora e Psicopedagoga) e unha Auxiliar (educadora).
  • HORARIO: De 8 a 16 horas. De luns a venres.
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

Esta ubicada na antiga Escola Unitaria de Vilar de Santos. Realizouse unha reforma integral con novos accesos, despachos e servizos, aula infantil, zona de xogo, zona de gatexo, unha zona de berces e o resto dos equipamentos e dotacións. O centro tamén conta cun patio e unha zona de xogos ao aire libre delimitada duns 250 m2.

A Escola Infantil de Vilar de Santos é un servizo público de funcionamento diúrno, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, con 20 prazas. Permanecerá aberta de luns a venres en horario de 8 a 16 horas. Conta con persoal especializado coas titulacións requeridas: unha educadora con funcións de dirección e coordinación e outra educadora como como persoal de apoio.

Este novo servizo municipal reforza toda a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos do concello para facer fronte ás novas demandas e vai permitirnos poñer á disposición das familias con nenos entre os 0-3 anos, un espazo de atención educativo para contribuír tanto ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas como á corresponsabilidade e á conciliación da vida laboral e familiar, prestando un servizo moi especializado.

A Escola Infantil é unha nova alternativa, un dos proxectos máis importantes e ilusionantes emprendidos polo Concello, unha nova aposta de futuro do grupo de goberno para seguir creando as condicións e garantir e seguir avanzando na calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas nas mesmas condicións que o mundo urbano co obxectivo primordial de moderar o envellecemento e seguir freando o descenso demográfico, revitalizar os pobos, fixar poboación e xerar atractivo para persoas que queiran establecerse, permitindo que Vilar de Santos sexa, Un lugar para vivir con posibilidades e oportunidades.

Documentación necesaria para a preinscrición:

  • Fotocopia libro de familia

  • Fotocopia do DNI ou do pasaporte dos pais/nais ou titores

  • Certificado de empadroamento dos pais e neno/a e convivencia

  • Fotocopia da última declaración da renda 

  • Folla de preinscrición


(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting