Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com

Campaña de Recollida de Xoguetes no Concello de Vilar de Santos

30/11/2016 - Novas

Despois do éxito da campaña municipal de recollida do ano pasado,

Este ano o Concello de Vilar de Santos, en colaboración con varias entidades sociais, pon en marcha unha nova Campaña de recollida de xoguetes en bo estado e novos para repartir nesta época de Nadal e que ningún neno ou nena quede sen un xoguete.

O prazo de recollida dos xoguetes está aberto desde o 28 de novembro ata o 12 de decembro

A entrega dos xoguetes, pode facerse todos os días de 9 a 15 horas e de 16 a 20 horas, nos Servizos Sociais do Concello e na Biblioteca Municipal.

Desde o Concello convidamos a manifestar e expresar toda a nosa solidariedade e colaborar nesta campaña municipal.


    (C) Vilar de Santos - Aviso Legal
    Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
    Programación e Deseño Web:
    Ainet Consulting