Tlf. 988 46 58 83    |    Fax 988 46 58 63   |   concello@vilardesantos.com

Colaboración e solidariedade na campaña de recollida de xoguetes do Concello

29/12/2016 - Novas

O Concello puxo en marcha por segundo ano consecutivo unha Campaña de recollida de xoguetes para repartir nesta época de Nadal.

O prazo de recollida dos xoguetes foi desde o 28 de novembro ata o 12 de decembro nas dependencias municipais. Período no que se recolleron moitos xoguetes e variados.

Despois ca axuda dos usuarios e profesionais do noso Centro de Atención a Persoas Maiores, revisáronse, clasificáronse por idades, limpáronse e envolvéronse todos os xoguetes.

A campaña de recollida foi un éxito, unha gran manifestación da colaboración e solidariedade de todos.

Por último, o pasado día 22, entregáronse en Cáritas en Ourense para o seu destino e que ningún neno ou nena quedara sen un xoguete nestas datas.

Desde o Concello, manifestar o noso agradecemento pola colaboración nesta iniciativa solidaria, que terá continuidade con outras.


  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...

GDR10 - Limia Arnoia
(C) Vilar de Santos - Aviso Legal
Tel 988 465 883 Fax 988 465 863 concello@vilardesantos.com
Programación e Deseño Web:
Ainet Consulting